Proxecto discopal.

Comparativa entre os sistemas de palangrillo tradicional e automatizado 

Plan de Traballo e Metodoloxía

Tal e como se define na Memoria Global do proxecto, a finalidade destes traballos reside en demostrar as vantaxes que o uso do prototipo carrexaría en relación ao uso do palangrillo polo sistema tradicional. Para iso, como é lóxico, realizáronse unhas probas comparativas mantendo, na medida do posible, a igualdade de condicións na pesca. É imposible que estas sexan absolutamente similares, pero en todo caso, deben de ser totalmente iguais aqueles aspectos que sexan manexables tales como: localización da zona de pesca, mesma época do ano, etc.

A este respecto, todas as probas realizáronse na mesma semana a razón de dúas xornadas destinadas a cada un dos sistemas, co cal, as condicións en que se realizaron foron sumamente homoxéneas ao levar a cabo na mesma época do ano, baixo condicións atmosféricas moi similares e na mesma zona; a iso habería que engadir que o cebo utilizado foi igualmente o mesmo (polbo cabezón). Cabe matizar non obstante que aínda que este último punto relacionado co tipo de cebo foi considerado a priori como de certo interese, a realidade é que carece do mesmo xa que a contía das capturas non revela vantaxes ou desvantaxes en relación ao sistema utilizado: as características dos sistemas suxeitos a experimentación nada teñen que ver co anzol/cebo e si con outros aspectos que despois se enumerarán. A posibilidade de realizar maior ou menor número de capturas é allea aos sistemas propostos e, en consecuencia, utilizar un cebo ou outro pode efectivamente atraer en distinta medida ás potenciais capturas, pero en ningún caso este feito sería achacable ao sistema de palangrillo utilizado que é en ambos os casos independente do éxito na pesca. En síntese, aínda que en todas as probas utilizouse un cebo similar, obxectivamente é un dato sen maior relevancia cara ás pretensións das probas realizadas.

De igual modo, e vinculado tamén con este feito, atópase a intención inicial de facer unha análise sobre as capturas realizadas; máis concretamente: número de exemplares/especie e peso aproximado (baseándose na lonxitude céfalo-caudal e utilizando posteriormente un coeficiente que nos dará o peso aproximado. Por razóns xa expostas, este punto foi desestimado ao carecer de sentido: teríao se establecésemos unha comparativa entre artes de pesca diferentes, pero é irrelevante se esta establécese para a mesma arte de pesca. Aínda que os sistemas avaliados son moi diferentes en canto á súa automatización, comodidade e riscos laborais asociados, non deixan de ser idénticos no que ao fundamento da pesca en si refírese. Por todo iso, aínda que se concretou na memoria de solicitude considerar este aspecto, por motivos obvios e xa razoados quedou descartado á hora das experimentacións realizadas, centrándonos noutros aspectos de maior interese que realmente e de forma obxectiva revelaban as diferenzas notorias de senllos sistemas.

Significar igualmente que as probas puideron efectuarse ou concentrarse na mesma semana porque foi posible compatibilizar a bordo ambos os sistemas. A instalación do automatizado, precisamente polo escaso espazo que precisa, permitiu dar cabida simultaneamente ao sistema tradicional. Iso favoreceu o seu desenvolvemento e o feito de que levasen a efecto en tan breve intervalo de tempo e baixo condicións moi similares...

Para ler máis sobre os resultados do proxecto descargue o pdf.