Proxecto discopal.

OBXECTIVOS

Obxectivo Global:

Deseño, construcción e validación dun sistema automatizado de palangrillo, propio da tradición pesqueira galega e contemplado na regulación mencionada, amoldado e concibido expresamente para as características das embarcacións artesanais, que supuxera un salto cualitativo con respecto ao método actual: racionalizando así a dedicación en man de obra, o esforzo da mesma e por conseguinte, mellorando a competitividade do palangrillo en relación coas outras artes de pesca hoxe estendidas facéndoo máis rendible.

Obxectivos Parciais. Resultados Esperados:

Fomentar o uso do sistema automático de palangrillo de fondo dentro da flota artesanal galega e, por conseguinte, reducir o de artes de enmalle xa que o seu impacto sobre as poboacións de peixes é moito máis negativo.

Posibilitar a pesca en augas exteriores das Rías, pouco frecuentadas actualmente, rebaixando así a presión sobre as augas interiores.

Incrementar o radio xeográfico da pesca artesanal supón acceder a poboacións menos explotadas e diminuír a presión sobre as que se desenvolven nas Rías, o que posibilita a recuperación paulatina destas últimas.

Reconducir parte das capturas cara a exemplares máis grandes das poboacións beneficiando así o relevo xeracional dos xuvenís, o que representa maior saúde xenética para as especies e unha estructura poboacional das mesmas bioloxicamente máis coherentes.

Posibilitar capturas de maior tamaño e calidade que melloren substancialmente o balance económico das empresas e armadores.

Diminuír os porcentaxes de descartes, capturas incidentais e de non calidade.