Proxecto discopal.

DESEÑO, CONSTRUCCIÓN E VERIFICACIÓN DUN SISTEMA AUTOMÁTICO DE PALANGRE ALTERNATIVO ADAPTADO ÁS NECESIDADES DA FLOTA ARTESANAL GALEGA

DESEÑO CONSTRUCCIÓN PALANGRE
Entidade Promotora Solicitante: GALFOOD

O proxecto enmárcase dentro do contexto das Artes de Pesca Artesanais e máis concretamente no intento por fomentar o uso de modalidades coma o palangrillo, hoxe en día minoritario en comparación con outras, que sen embargo reporta unha serie de vantaxes tales como:

- Altamente selectivo das tallas e especies obxecto da pesca, con impacto directo ou indirecto mínimo sobre tallas, hábitat e especies non obxecto da pesca.

- Efectivo, producindo numerosas capturas de especies obxecto da pesca ao menor custo posible.

- Orientado cara á calidade, producindo capturas de moita calidade.

En resumo, a finalidade desta iniciativa pasa polo deseño, construción e validación dun sistema automatizado de palangrillo propio da tradición pesqueira galega e contemplado na sua regulación, adaptado e concibido expresamente para as características das embarcacións artesanais, que supuxera un salto cualitativo con respecto ao método actual: racionalizando así a dedicación en man de obra, o esforzo da mesma e por conseguinte, mellorando a competitividade do palangrillo en relación con outras artes de pesca hoxe estendidas facéndoo máis rentable.