Proxecto discopal.
ESTADO DA ARTE
A flota pesqueira artesanal galega faena nas augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia, delimitada a efectos administrativos nunha serie de zonas costeiras xestionadas en materia de pesca segundo a lexislación autonómica. Este caladoiro galego forma a súa vez parte das augas costeiras do caladoiro de ámbito estatal denominado Cantábrico-Noroeste. A parte galega deste caladoiro está incluída nas zonas ICES (International Council for the Explorationof the Sea) VIII C (Ribadeo á Costa da Morte) e IXa (Costa da Morte a Tui). As zonas de pesca habituais desta flota son as rías e zonas mariñas costeiras que se estenden a partires da liña de base natural/recta de referencia por cada zona administrativa (9 zonas), indicadas na lexislación sectorial da Comunidade Autónoma.
Debido ás características estructurais e dimensionais dos aparellos e das embarcacións, xunto á maior especificidade de algunhas artes, poderíase afirmar que de forma xeral as artes menores son moito máis selectivas, tanto intraespecífica como interespecíficamente, que as artes da flota de carácter máis industrial (litoral y altura). Nembargantes, aínda que o impacto exercido por este segmento extractivo é máis limitado, o novo Libro Verde da PPC publicado en 2009, no seu punto 5.1., sobre si sería conveniente establecer un réxime pesqueiro diferenciado para protexer as flotas artesanais, propugna que efectivamente así sexa, apuntando a unha xestión diferenciada entre as de altura e as artesanais.
A flota artesanal traballa cunha gran variedade de artes e aparellos. Utilízase unha ou outra clase segundo as especies obxectivo a capturar sexan peláxicas, bentónicas ou demersais; segundo o tipo de hábitat das especies obxectivo (fondos areosos, rochosos, lamacentos, algais…) e da profundidade, da etoloxía ou comportamento ecolóxico das especies, da súa proximidade a terra, etc. As principais artes utilizadas pola flota en cuanto a número de embarcacións son: marisqueo desde embarcación ou “a vara”, nasas (nécora e polbo), trasmallos e miños, betas, liña ou cordel.
Deixando a un lado as nasas, que perseguen un tipo de capturas centradas basicamente en especies de crustáceos e cefalópodos, e das que queda constancia teñen unha demanda moi elevada, nos atopamos con que son as artes de enmalle (Miños, Betas, Trasmallos), que buscan especialmente a captura de diversas especies de peixes, as máis frecuentadas. Non se dispón de datos contrastados, e unha análise exhaustiva das capturas tampouco serviría dado que os peixes son especialmente susceptibles de capturarse con artes de enmalle ou de anzol, pero voces do propio sector desvelan que son as artes de enmalle (á marxe das nasas) as que obxectiva e realmente utiliza de forma masiva a flota, mentres que aquelas como o palangrillo, cun impacto sobre o medio moito máis racional e con capturas máis valoradas no mercado, as que están esquecidas aínda que teoricamente, e segundo o censo referido, son tamén utilizadas.
Cabería preguntarse cal é a razón pola cal o uso das artes de anzol, e en especial o palangrillo, están tan esquecidas cando as súas vantaxes, tanto para o medio mariño como para a comercialización das capturas, son tan evidentes.